Asociacíon Xuvenil Cántara da Moura
   
  Asociación Xuvenil Cántara da Moura
  Noite da Serpe 08
 

                      
 NOITE DA SERPE 08

Como ven sendo habitual cada ano os mozos de A Veiga por mediación da AXCM en honor a lenda da Lagoa Da Serpe xuntámonos todos nos cumios da Galiza alí onde o tempo se para, onde a terra toca o ceo alí misturados e mergullados na natureza mais impresionante,alí ós pes da Lagoa da Serpe, lagoa de orixe glaciar. Tal xuntanza  foi o 28 de Xuño tras a organización previa que a AXCM socios e mozos do concello realizaron para poder levar a cabo o mellor posible esta festa da natureza e da cultura de A Veiga.Tan pronto como amencía o día uns preparábanse para habituar o terreo onde se realizaría a xuntaza,outros comprarían as provisións e tódolos útiles necesarios para que pasaramos unha boa fin de semana no mais alto e no final da Galiza.Tras ultimar as preparacións cara a tardiña esperabamos o que nos ía amenizar a noite: a banda monfortina DOC MAGOO´S estupenda xente que se integraron xenial, estupenda musica que envolta coa paraxe na que estabamos mergullados fixo que pasasemos unha noite máxica e moi especial onde acamparíamos e pasaríamos alí a noite ata o día seguinte que tras levantarnos sendo respetuosos co entorno deixamos toda a paraxe tal comao a atopamos porque ante todo o noso entorno e a nosa natureza e a nosa casa e como tal tratámola.....

Na sección de Imaxes a medida que vaiamos recolectando tódalas fotos que se fixeron na Noite da Serpe iranse subindo para que todos podamos recordar o rato agradable que pasamos. Por último agradecer a Doc Magoo´S a súa complicidade o seu bo rollo a súa boa música,en fin moitas gracias....esperamosvos eiqi,esperamos repetir.

En fin unha noite máxica na que aconteceron moitas cousas pero que non penso contar porque para saber o que pasa na Noite Da Serpe hai que ViViLa!!!!!!


 
  ©2008 AXCM Todos los derechos reservados  
 
Este sitio web fue creado de forma gratuita con PaginaWebGratis.es. ¿Quieres también tu sitio web propio?
Registrarse gratis